Premio institucional
Einstein, Hitchens e outros heroes mortos
Estou no Paraíso. Fai dous minutos un piano de 300 quilogramos caeu sobre a miña cachola cando saía da casa. Maldita gravidade. Maldito Newton.
Esto é moi estraño, é xusto como o imaxinaba. Camiño sobre esponxosas nubes, de fondo soa algo de Wanger. Sigo camiñando e atopo a Neil Armstrong, está discutindo cun periodista que lle nega a súa chegada á Lúa. Non estou seguro de que esa discusión remate ben e voume de alí.
Máis adiante observo a un home barbudo perseguindo a un mono. Cáeselle un libro do peto. Recólloo. “El origen de las especies”. Non lle dou importancia e o deixo onde o atopei. Continúo o meu camiño.
Ó lonxe diviso a Leonardo Da Vinci montado nunha especie de máquina voadora. Mírame sorindo e eu río. Ó saudarme perde o control do vehículo e choca contra o chan. Solta unha gran gargallada e rexeita a miña axuda. Que tipo tan curioso!
Escoito alboroto e barullo. Xiro a cabeza. Pero que..? Varias persoas están facendo unha especie de conga. E digo “especie” pois parecen atoparse algo ebrios. Recoñezo enseguida os seus rostros: Einsein lidera o grupo, está recitando a teoría da relatividade xeral, séguelle Heinsenberg, Edison e Pasteur. Este último leva unha botella na mau. Parecen estar pasándoo ben. De todas maneiras, sigo camiñando.
Un grupo de homes con fachos perseguen a un ancián que leva unha bóla terrestre nos seus brazos. Parece Galileo. Non quero meterme en liortas e aparto a vista de alí.
Esto é increíblemente estraño.
Ando quilómetros e quilómetros.
Atópome a Christopher Hitchens deitado nunha nube.
- ¿Paraíso? ¿Qué Paraíso? -Coméntame mentres ri.
Nese momento precipítome ó vacío. Caio a unha velocidade asombrosa. Maldigo a Newton novamente. Imaxino os meus miolos esparexidos por algunha rúa. Atópome a 500 metros do chan. 400. 200. 100. 50. 10. 5. 1…
Esperto.
Abro os ollos preguizosamente. Son as sete da mañá. Na mesa de cabeceira atópase “El Gen Egoísta” de Richard Dawkins. O portátil aínda está acendido, o vídeo de Neil Tyson falando sobre os buracos negros xa descargou. Este home é xenial. Vístome e saio da casa. Diríxome a unha cafetería do centro.
- Café só, por favor.
Abro o xornal:
“O Gobierno recorta 600 millóns de euros en I+D+i”
Políticos… concédenlle ós bancos miles de millóns de euros para logo recortar en ciencia; aínda que non logro explicarme como unha institución como Bankia puido quebrar, estando nas mans de tal selecto grupo de xenios (non se viran tantos premios Nobel xuntos dende a Conferencia de Solvay do 27).
Paso a páxina.
“Non se pagarán os premios ós ganadores das Olimpiadas de Física debido á falta de orzamento”
¡Canta razón! Nerd, frikis, só sabedes masturbarvos, ¿que facedes estudando física ós 17 anos? ¡Dedicarvos ó fútbol!
Pago o café, recollo a mochila e diríxome é Facultade.
Texto en su lengua original · © su autoría.