Premio institucional

O plástico, a asasino de Brais

Aquel día, meu fillo Brais cumpría oito anos. Decidín que xa medrara o suficiente coma para que fose só á escola. Brais alegrouse coa proposta, acababa de abrirlle unha nova ventá, sentíase forte, maduro e responsable.
-Anda con coidado, meu fillo!- advertinlle antes de que saíse pola porta.
-Xa sei mamá, xa sei; todos os meus amigos móvense sós por Támega e nunca lles pasou nada- respondeume el, confiado.
A tranquilidade coa que me falaba fixo que aumentara a miña preocupación.
-Lembra, non te achegues demasiado á superficie, mantente preto do solo, só así terás máis facilidade para agocharte baixo pedras ou algas se irrumpes na caza dalgún famento depredador.
-Dacordo, ma.
- E non comas nin toques nada que atopes flotando! Os salmo trutta somos uns seres insignificantes para eses enormes monstros que, según din, habitan neses lugares remotos onde non hai auga, e non fan máis ca complicarnos a vida procurando a nosa desaparición.
-Iso non son maís ca lendas de vellos!- comentou Brais cun ton de burla mentras se alonxaba aleteando con lixeireza.
-Non sexas inxenuo, rapaz! Fai caso da túa nai! Serán lendas ou serán o que queiras , pero nunca saberás o que pode suceder.
Observei alonxarse ao meu fillo mentres se reproducían na miña mente, as máis terribles cousas que lle podían suceder ...
Facía un bo rato que marchara e as augas permanecían tranquilas ao meu redor mais eu seguía a ollar cara o lugar por onde se fora. Entón, púxenme mans a obra coas tarefas domésticas que, a pesares de que vos resulte difícil de crer, non son poucas nas troitas de auga doce. Por momentos, o traballo que estaba a realizar lograba evadirme dos pensamentos cara o meu fillo, pero iso non quitou que a mañá se me fixese moi larga.
O refrexo de Sol, o único mostro extracúatico ao que lle tiñamos simpatía e do que sabiamos con certeza a súa existencia, tinguía de cores claras a zona máis superficial, por riba da miña cabeza. Polo seu grao de inclinación souben que a estas horas estaría Brais saíndo da escola.
Esperei un bo rato, mais tiven que agardar máis, e máis, e máis... Ao ollar como pasaba o tempo e o meu fillo non regresaba, os nervios volveron invadir o meu corpo e o medo entrabáme polas branquias, distribuíndose logo por todo o meu organismo.
Coa alma nos pés e o corazón na gorxa, decidín ir na súa busca. No meu subconsciente creábanse as imaxes máis horripilantes mentras eu trataba de aferrarme a outras posibilidades, como a de que quedara castigado por algún mestre ou estivese de parola cun compañeiro.
Tan só se oía o meu corazón latexer e o murmurio das ondas de auga, queixándose do meu brusco aleteo, pero de súpeto, unha pesada voz ronca irrumpiu na miña busca.


“-Oh... pobre peixe...
-Papá, por que ten esa cousa de plástico ao redor? Non son eses os plásticos que envolven os tetra bricks de leite que compra mamá no supermercado? Non sabía que tiñan tamen cousas desas os peixes.
-Non, Elena, os peixes non teñen tetra bricks no seu entorno natural. O que sucede é que a humanidade está moi pouco concienciada co coidado da natureza e doutras especies e tiran lixo ao río sen preocuparse polo dano que pode facer.
-Pero, por que se meteu aí a troita? Podía andar con máis coidado...
- Os peixes alá abaixo non distinguen os plásticos da auga xa que son transparentes. Seguramente esta xoven troita andaba a bucear cando lle chamou a atención algo estrano que ondulaba no fondo do río, meteu a cabeza dentro do anel, e alí quedou! Os plásticos que bota a xente ao río ou ao mar fan moitos danos, moitas criaturas como esta troita morren diariamente enredadas nos aneis dos envases, algunhas afogadas e outras estranguladas; pero non só fan isto se non que tamén impiden o intercambio de osíxeno entre a auga e os sedimentos a grandes profundidades, dificultando a vida de especies que viven no fondo marino, producen a acumulación de substancias tóxicas mortais para moitas especies, como as aves de rapiña, primeiras consumidoras en varias cadeas tróficas, nas que se atoparon bolas da plástico nas cavidades dos seus estómagos xa que se alimentaron doutras aves que a súa vez comeron peixes que inxiriron plancton que absorvera estas substancias tóxicas.
- Pero, tanto tardan en desaparecer eses plásticos?
-Os plásticos nunca desaparecen, nunca xamais deixan de ser plásticos; unicamente desintégranse, pero co paso de centos e centos de anos.
- E son moitas as especies que morren a causa diso?
-Moitísimas. Tanto tartarugas mariñas, como delfíns, peixes, crustáceos, aves mariñas e corais.
- Que mágoa, non cres?
-E tanto, Elena. Pero agora xa son horas de regresar a casa. Deberías deixar o peixe no seu hábitat de novo.
-Dacordo, pero, ¿ Imos deixar que isto suceda sen facer nada por impedilo?
-Nin ti nin eu tiraremos xamais plásticos ou outros lixos a medios naturais, non che parece suficiente?
-Non! Deberían deter ao culpable, á persoa que arroxou ese plástico, debería de saber todo o mundo o que sucedeu para que ninguén o volva facer!
-A moi pouca xente lle importa a vida dos animais. Os humanos crense superiores ao resto de criaturas, non van dar un paso pola vida destas inocentes criaturas... A vida é moi cruel, Elena.
-Pois dáme igual, eu non me vou rendir. Voullo contar aos meus amigos... bueno non! Voullo contar á escola entera, máis ben, a vila entera que se entere todo o mundo! NON TIREDES LIXO A MEDIOS NATURALES, APAÑADE VÓS A VOSA MERDA! NON TIREDES LIXO A MEDIOS...!
-Shh, non berres e fala ben, veña, voltamos a casa, xa veremos que imos facer...
-En serio papá?
-Si, prometo axudarte ata que se decate todo o mundo do dano que estamos a facer aos animais, pero agora deixa o peixe no seu lugar... “


Estaba todavía aluciando co que acaba de oír, non polo que decían, xa que non entendín nada, falaban unha lingua moi rara e singular; senón polo feito de ter oído eses sons procedentes do exterior. Sen dar crédito aos meus oídos, barallando as posibilidades de que estivese sufrindo algunha alucinación mental ou de que as lendas de vellos non foran unicamente lendas, tratei de continuar, todavía desesperada, a miña procura, cando un corpo caiu con forza ao meu carón. Movíase cara o fondo a gran velocidade e intentei seguilo coa forza das miñas aletas. Cando se estrelou, por fin, no fondo do río, acudín a descubrir de que se trataba, mais...
-NOOOOO! B..BRA...BRAIS...! – Non daba articulado palabra do golpe, da dor, do arrepentimento, da rabia, do odio... de todos os sentimentos que me apuñalaron xuntos nese momento, que non foi tan momento, porque ainda me doe agora, e mira que xa pasou tempo.

Texto en su lengua original · © su autoría.

Ver edición 2013