Finalista del jurado
Diario dunha testemuña universal
Decembro de 379 a. C.
A clase gardaba silencio (e eu tamén, por suposto). O
profesor tiña pinta de ser un profesional na materia -fose a que fose-, pero o
comezar a falar a súa figura de intelectual esfumouse. Púxose a leriar sobre la
existencia de dous mundos: o real (que -di el- é onde vivimos fisicamente) e o
intilexinivible ou algo así de raro crin escoitar.
Agosto de 230 a.
C.
Estaba eu tranquilamente paseando pola cidade de Siracusa cando de súpeto
oio uns estridentes gritos. Explorei un pouco e descubrín que proviñan da casa
dun señor maior nos seus cincuenta, concretamente do seu baño. Rapidamente saíu
da bañeira e a toda présa -e sen vestirse sequera- saíu á rúa gritando como un
tolo:—Eureka! Eureka! Conseguino!Xuño de 1590Ese home estaba chalado. Como puido
subirse a aquela torre tan alta para tirar dous cacharros ó chan? Eu cheguei en
menos de medio minuto arriba. El tardou o seu. Xa no alto, puxo os dous obxectos
na cornixa e empurrounos á vez ó baleiro. Puiden comprobar de primeira man que
un pesaba bastante máis que outro. Baixei rápido para ver como caían, malia ter
a certeza de que un era máis pesado que outro, sorprendentemente para min,
caeron ó mesmo tempo.
Maio de 1609
Indo para Torun (Polonia) volvín
ver ese mesmo home no medio da pradaría nocturna co seu ollo dereito metido nun
alongado aparello. Tamén tiña ó seu carón unha mesa cuns papeis e unha puma
estilográfica. Non se movía, semellaba unha estatua. De socato, fixo un
movemento brusco cara a pluma, tomouna e escribiu raros símbolos e debuxos nos
seus papeis.Seguidamente, volveu mirar no trasto. Ese instrumento… que estraño
era! Despois tamén eu puiden ver a través del e… ¡eses puntiños brillantes do
ceo volvéronse enormes!
Xaneiro de 1672
Encontreino baixo unha árbore.
Estaba durmido como o tronco sobre o que repousaban as súas costas. Parecía
canso. Achegueime para examinalo. Tiña o pelo estraño, como si levase unha
perruca. Coloqueime sobre a súa cabeza para corroborar a súa hipótese e de
súpeto… Ai! Dinme contra unha mazá que estaba colgando nunha póla. O froito caeu
e foi dar na testa do home.Non podía facer outra cousa que pedir desculpas, así
que achegueime. Nisto comezou a falar en voz alta. Non o escoitei moi ben, pero
parecía moi contento, así que non souben si aquel día fixera unha boa ou unha
mala acción.
Outubro de 1835
Nesta ocasión quería descansar da vida do
mundo convencional, así que marchei a unhas illas alí por Ecuador. Pero
equivoqueime ó pensar que non ía encontrar a ninguén, pois achei un mozo
estudando alí. Observábao todo. Todo o que encontraba, analizábao detidamente.
Impresionoume moito, a verdade. Víase que tiña un gran interese polo
descubrimento científico. E o que é máis alucinante: vinte e cinco anos despois
e logo de estar nesa illa durante soamente dúas semanas, escribiu un dos libros
máis importantes para a ciencia: A Orixe das Especies.
Marzo de
1911
Aaaaahhhh! Non, non, non! Por favor! Aaahhh! A quen ocorréuselle
bombardear unha película de ouro con partículas alfa estando eu diante? Sorte
que separeime rapidamente ó extremo da lámina, para evitar máis impactos. Si…
sorte… Mala sorte! O susto que me levei cando viume outra partícula rebotada ata
onde me encontraba! Ó parecer eles sorprendéronse máis ca min…
Xullo de
1949
O home dicía cousas moi interesantes. En realidade, soáronme
interesantes, porque eu non entendía nada do que estaba dicindo, pero víase que
sabía do que falaba. Tamén hai que dicir que distraíame moi facilmente: a súa
gran mata de pelo branco desconcertaba a calquera. Aínda así, puiden distinguir
algunhas palabras, como “tempo”, “espazo” e “relatividade”.
Febreiro de
2007
A diferencia coas demais conferencias que presenciara ó longo da miña
(por agora) inmortal existencia, esta vez o home non falaba. Non dicía nada. Era
un sensor que captaba leves movementos da súa cara o que producía o son. Aínda
así, todo o que expoñía era digno de ser escoitado. Quedei con ganas de máis ó
finalizar a conferencia; así pois, seguiuno un largo rato axudando a
empuxar
suavemente a súa cadeira de rodas.FINE vostede, tras ler este diario dun humilde
servidor que presenciou todas e cada unha das experiencias científicas que poida
chegar a imaxinar, que vospareceu? Sexa sincero, que estou diante do seu nariz!
Texto en su lengua original · © su autoría.