Premio del jurado

(Pa)ciencia

Se boto a vista atrás doume conta de que eu non era un nenomovido, traste… se non que en realidade tiña curiosidade científica. Explícome.

Cando soaba o espertador e non me levantaba non é porque fose un vago, se non que o meu corpo estaba a experimentar unha das tres leis do movemento de Newton!

O meu corpo permanecía en repouso ata que era obrigado a cambiar o seu estado por forzas impresas sobre el (a miña nai arrincándome literalmente da cama).A de veces que escoitei á miña nai dicir: Canta paciencia teño que ter contigo! Ou cando empuxaba ao meu irmán mentres ía no patinete para facerlle caer e quedarme eu co patinete, non o facía con mala intención, só estaba a alimentar a miña curiosidade científica. E se encima conseguía tiralo e quedarme co patinete, mellor que mellor.

Agora doume conta de que o meu irmán tamén tivo moita paciencia comigo.Todas as veces que non me terminaba a cea non o facía para enfadar ao meu pai, que días despois terminaba atopando o prato cheo de mofo escondido nalgún lugar da casa, se non que o facía para comprobar como se deterioraban os distintos alimentos a diferentes temperaturas.

O meu pai é outra desas persoas que tivo unha enorme paciencia comigo.E nin falar da vez na que case incendio o instituto ao facer o parvo cuns mistos, cando probablemente só estaba a facer un experimento químico!

Todos os meus compañeiros e os meus profesores tiveron moita, quizais demasiada, paciencia.

E como estas, miles e millóns de anécdotas máis….Que probabilidade había de que un neno como eu, que a primeira ollada parecía un neno traveso bastante común, terminase dedicándose á ciencia?

Texto en su lengua original · © su autoría.

Ver edición 2019