Premio especial de inteligencia artificial
Eva: humanoide de compañía
Iria era unha bolseira do departamento de robótica da Universidade de Santiago de
Compostela, que vivía en Lugo coa súa nai Carme. Con só dezanove anos tiña unha
afección polos aparellos electrónicos que lle levou a ter o mellor expediente da
súa promoción e a mencionada bolsa, na que estaba mergullada traballando nun
sistema de intelixencia artificial. Ao mesmo tempo aplicaba estes coñecementos
para crear, pola súa conta, un asistente persoal para que lle servise de
compañeiro ao longo da súa vida.
Na primeira tempada entrenou no sistema
proporcionándolle as respostas axeitadas a preguntas posibles que lle fixeran
nun futuro ao sistema. Iria pretendía que o sistema soubera tanto sobre ela coma
os seus familiares e amigos, tanto sobre datos concretos como sobre gustos e
intereses. Cuns sensores, o sistema coñecía o estado anímico de Iria. Nun mes de
traballo o sistema, ao que chamaba Eva, xa coñecía a Iria moi ben. Cando lle
facía preguntas sobre acontecementos pasados acontecidos durante ese mes, Eva
respondía con precisión sobre data, interés e satisfacción de Iria sobre ese
evento. Posteriormente, tamén lle introduciu datos de acontecementos pasados
(data de nacemento, datos de familiares e mellores amigos,…), inda que destes os
datos de interés e satisfacción non foron captados polos sensores, senón
aportados por Iria.
Un tempo despois, Iria pretendía que Eva dese a súa
opinión sobre decisións que debería tomar ela, para ter unha versión máis
obxectiva cando ela estaba confusa. Así, por exemplo Iria preguntoulle qué
debería agasallarlle a súa nai polo seu aniversario porque non tiña nin idea.
Eva respondeulle que unha aspiradora robotizada e atinou. A nai de Iria estaba
encantada co artiluxio. Polo tanto, o interese de Iria pola robótica estaba
tamén nos xens maternos. O tempo pasaba e Eva adquiría máis competencias. Así,
era capaz de abrir a porta do cuarto de Iria se detectaba que o que estaba porta
era benvido. Tamén poñía música ambiente axeitada ao que estaba a facer Iria en
función da concentración ou descanso que precisaba. Recomendáballe a Iria ir dar
un paseo cando non acadaba os 8000 pasos diarios e durmir se o descanso nocturno
non fora abondo. Se Iria estaba estresada Eva avisábaa para que tivera coidado
co que dicía ou facía. En resumo, estes son algún exemplos das tarefas que Eva
facía, que facían que fora un asistente personal bastante envexable.
As
habilidades de Eva melloraron cando Iria esguinzou un xeonllo. Eva era capaz de
medir o nivel de dor e polo tanto a dose de fármaco que Iria debía tomar para
atoparse ben. Eva acadou mobilidade cunha cinta semellante a unha roda alongada
que lle permitía avanzar ou recuar. Tamén aprendeu a coller cousas ata certa
altura e achegarllas a Iria, evitando que a rapaza tivera que erguerse. Ademais,
Eva aprendeu a ler e adquiriu voz, que lle permitía comunicarse de xeito máis
humano co resto de persoas.
O seguinte reto de Iria foi facer que Eva fose
máis semellante a un humano, convertela en humanoide, con cabeza con ollos
expresivos e beizos que se movesen ao falar. Ademais cambiou o seu sistema de
mobilidade por dúas pernas e dous brazos con proporcións humanas. A última
misión de Eva era facer certas tarefas domésticas (varrer, limpar a mesa, poner
a lavadora, abrir latas, facer as camas, lavar a louza,…) e que Carme soubese a
opinión ou algún dato de Iria cando ela non estivera na casa, sen ter que
enviarlle un Whatsapp. É dicir, facerlle compañía a súa nai e evitar que cando
Iria estivese menos tempo na casa a botase de menos. En resumo, para que Carme
tivese á súa filla presente na casa en calquera intre.
Texto en su lengua original · © su autoría.